clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

martes, 5 de abril de 2016

NOVO PROXECTO: "OS PIRATAS"

Hoxe pola tarde apareceu na clase Poqué con un novo amigo, un pirata moi simpático, que se chama Pupi.
Traía unha nota con el, no que nos explicaba quen era e por que viña a nosa clase. Nela decíanos que 
lle gustaría que formásemos parte da súa tripulación, cousa que nos encantou, pero para eso tiñamos que facer un xuramento pirata e cumplir unhas normas dentro do barco, ademáis de ter que buscar un nome pirata. Tamén nos dixo que na clase deixara escondido un cofre con moitas cousas. 
Así que despóis de ler esto, puxémonos a buscar a caixa e atopouna Xiana na biblioteca, dentro traía un montón de  cousas de piratas: un gorro, un cinturón, un sable, un colgante pirata, un garfio, unhas botas, moedas de ouro, un carnet pirata e unha nota coas normas que temos que cumplir dentro do barco.
 

Despóis de ver todo, decidimos pensar cal sería o noso nome pirata. E estes foron os que elexiron:
Mañá faremos o xuramento pirata e o carnet, para poder formar parte da tripulación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario