clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

viernes, 29 de abril de 2016

NOVOS INQUILINOS NA CLASE

Esta semana Xiana tróuxonos unhas eirugas para ter na clase e ver como van crecendo e como se convertirán en volvoretas.
De momento teñen sobre 15 días e son así de pequeniños.

Tódolos días a encargada ou encargado terá que darlles de comer follas de moreira e limparlles a súa casiña.

Encántanos telos na clase!!!!! Moitas gracias Xiana!!

A BÚSQUEDA DO TESOURO

Coma sempre, esta semana Mordi trouxo outro novo xogo para buscar a outro membro da súa illa, unha búsqueda do tesouro.
Esta vez tocoulle a Ismael buscar as pezas dun puzzle da letra que nos quería presentar. tiña que seguir o camiño marcado no mapa do tesouro. Pouco a pouco atopou todas as pezas e formamos o puzzle, era a letra "j". A continuación pensamos animais que comezaran por esa letra e escribímolos no encerado, de entre os que puxemos estaba a nova amiga de Mordi, pero para vela antes tivemos que adiviñar onde se escondía...Coma sempre pasámolo xenial con esta búsqueda do tesouro.

domingo, 24 de abril de 2016

CADERNO DE BITÁCORA DE PUPI

O venres Xana comezou unha nova actividade, levou para a súa casa a Pupi, o noso capitán Pirata e o seu caderno de bitácora. Entre todos comezamos o caderno e agora tócalle a cada un de vos continuar. Cada 2 días unha nena ou neno da clase levara a Pupi e o seu caderno para a casa, e na folla que lle corresponda terá que escribir unha frase do que fixo Pupi ese día e un debuxo.

ACTIVIDADE DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do libro este ano decidimos facer un cadro do conto "Aque sabe a Lúa", coas imaxes dos personaxes que saen pegadas con velcro para poder ir contando o conto.Gustoulles moito, espero que vos contasen o conto na casa.

O NOSO BARCO PIRATA

Dende que comezamos o noso proxecto, pouco a pouco fomos elaborando un barco pirata para a nosa clase. Aínda falta moito, pero esto é como vai indo. 

NOVAS COUSIÑAS DE PIRATAS

Ao longo desta semana continuaron as aportacións sobre o noso proxecto dos piratas, esta vez trouxeron disfraces, varios cofres cargados de tesouros, un barco e un timón para o noso barco da aula.

lunes, 18 de abril de 2016

NOVO XOGO DE MORDI

Hoxe ao chegar á clase estábanos esperando Mordi, con un novo xogo para atopar a outro dos seus amigos. Esta vez deixounos un mapa do tesouro, e catro pistas que debían adiviñar para atopar varios animaliños marinos que deixou escondidos pola clase. Despóis escribimos os nomes deses animais no encerado e miramos cal era a consoante que se repetía en todos, pronto descubriron que era a letra "G". Entón miramos se acertaran, Pupi o noso capitán pirata tiña escondido ao novo amigo de Mordi, e....siiii...acertaron....era un gatiño. Pasámolo moi ben con este xogo. Agora toca traballar esta letra ao longo desta semana.

domingo, 17 de abril de 2016

MÁIS COUSIÑAS DE PIRATAS

Ao longo desta semana foron aportando novos obxectos de piratas que colocamos no noso recanto do proxecto. Moitas gracias a tod@s.

MORDI E A LETRA "V"

Esta semana tocounos traballar a letra "v". O luns Mordi tróuxonos un novo xogo para descubrir a a outro dos seus amigos da illa das letras, a vaca, e con ela traía unha nova letra a "v". Esta vez tocoulle a Alén descifrar o acertixo.


domingo, 10 de abril de 2016

AS PRIMEIRAS APORTACIÓNS PIRATAS

Os piratas Xoel e Alén xa nos trouxeron cousiñas para o noso recanto dos piratas. Xoel trouxo un parche, un catalejo e unha espada e Alen, un conto moi divertido, un cómic e un xogo. Moitas gracias!!!!

XURAMENTO E CARNET DE PIRATA

Esta semana, para poder formar parte da tripulación de Pupi tivemos que facer un xuramento co que nos comprometemos a respetar unha serie de normas piratas, que tamén vas recollidas no noso carnet.

Así é como quedou o noso carnet de pirata. Agora xa podemos comezar a aprender cousas sobre os piratas, para poder chegar a ser un de eles...

martes, 5 de abril de 2016

NOVO PROXECTO: "OS PIRATAS"

Hoxe pola tarde apareceu na clase Poqué con un novo amigo, un pirata moi simpático, que se chama Pupi.
Traía unha nota con el, no que nos explicaba quen era e por que viña a nosa clase. Nela decíanos que 
lle gustaría que formásemos parte da súa tripulación, cousa que nos encantou, pero para eso tiñamos que facer un xuramento pirata e cumplir unhas normas dentro do barco, ademáis de ter que buscar un nome pirata. Tamén nos dixo que na clase deixara escondido un cofre con moitas cousas. 
Así que despóis de ler esto, puxémonos a buscar a caixa e atopouna Xiana na biblioteca, dentro traía un montón de  cousas de piratas: un gorro, un cinturón, un sable, un colgante pirata, un garfio, unhas botas, moedas de ouro, un carnet pirata e unha nota coas normas que temos que cumplir dentro do barco.
 

Despóis de ver todo, decidimos pensar cal sería o noso nome pirata. E estes foron os que elexiron:
Mañá faremos o xuramento pirata e o carnet, para poder formar parte da tripulación.

MORDI E A LETRA "B"

Hoxe Mordi, o nosso monstruo comeletras, presentounos unha nova letra, a "B", e con ela a unha nova amiga da súa illa, a Balea.
Para descubrir que animal era, primeiro Sara ensinounos o que traia na súa caixa, colocamos as cousas no encerado e escribimos os seus nomes. Despóis non lles costou nada ver que a letra que se repetía en todas as palabras era a "B".
Entón puxémonos a pensar animais que empezasen por esta letra. E por último miramos no sobre que Mordi traía se acertaramos.

domingo, 3 de abril de 2016

ASÍ REMATAMOS O NOSO PROXECTO DA PREHISTORIA

CUMPLES 2º TRIMESTRE

Xa 6 aniños!!! Como pasa o tempo!! Así de ben o pasamos celebrando o cumple das nenas e nenos que cumples no 2º trimestre.
Esta vez fixemos unha tarta prehistórica, esperamos que vos guste, estaba boíiisima!!! Se pinchades na imaxe poderedes ver as fotos.

Mordi e a letra "ñ"

Esta semana Mordi presentounos a un novo amigo da súa illa, esta vez toucóulle ao ñandú, o cal nos presentou unha nova letra a "ñ".