clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

sábado, 31 de enero de 2015

CELEBRAMOS O DÍA DA PAZ

Ao longo da semana pasada estivemos preparando as nosas cousiñas para o Día da Paz, decoramos uns cohetes e escribímoslles mensaxes de Paz, e tamén fixemos unha coroa cunha pomba da branca.
Así, o venres 30, Dia da Paz, fomos todos xuntos ao ximnasio, cantamos unha canción sobre a Paz e despóis cada nena/o pegou o seu  cohete nun mural, e este foi o resultado.
Se pinchades nesta imaxe podedes ver as fotos.



SEGUIMOS TRABALLANDO CON MIRÓ

Esta semana traballamos outra obra do pintor Joan Miró, titulada "Autorretrato". Primeiro observámola e falamos do que nos parecía, houbo comentarios de todo tipo, dende que era un monstruo ata que estaba mal debuxado, porque as pernas non saen da cabeza, non tiña boca nin nariz, e tampouco brazos,...
Despóis cada nena e neno fixo a súa obra, e este foi o resultado.


lunes, 26 de enero de 2015

1º SEMANA DO PROXECTO ALIMENTA-T BEN

Este curso, a igual que o pasado, no cole participamos no proxecto alimenta-T ben, que consiste en que durante tres semanas ao longo do curso merendaremos froitas de temporada. Ademáis de comelas, aprenderemos por que é necesario comelas, de que árbore veñen, cor, forma, textura,...Así como tamén faremos algunha receita con elas.
Déixovos un vídeo da primeira semana da froita.


ALÉN E PATOCA

Patoca pasou o fin de semana na casa de Alén, pasárono  moi ben, xogaron moito e puido coñecer á súa mascota, a Cuqui, unha ovelliña moi simpática.


domingo, 18 de enero de 2015

TRABALLAMOS CON MIRÓ

Esta semana estivemos traballando unha obra de Miró, titulada: "Muller, paxaro e estrela". Cada un coloreou o seu propio cadro e despóis entre todos pintamos o cadro en grande.
Se pinchades na foto poderedes ver todo o que fixemos.

SARA VAZ E PATOCA

O fin de semana do seu cumple Sara Vaz levou a Patoca, así puido disfrutar da súa festa de cumpreanos. Ademáis de eso ensinoulle aos seus gatiños. Podedes ver na foto o ben que o pasaron.


ZHONG BO E PATOCA

O fin de semana pasado Patoca foise con Zhong Bo para a súa casa, e contounos que o pasaran moi ben. Aquí vos deixo as fotos.


domingo, 11 de enero de 2015

XOEL E PATOCA

Este ano Patoca pasou o Nadal na casa de Xoel, divertíronse moito. Aquí vos deixo a foto para que vexades todo o que fixeron.