clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

sábado, 28 de febrero de 2015

sábado, 14 de febrero de 2015

ENTROIDO 2015

Déixovos o video e as fotos da celebración do entroido deste ano. Espero que vos guste. Un saúdo e a disfrutar do entroido!!!!!
Pinchando nesta imaxe podedes ver todas as fotos.

PATOCA E LORENA

O fin de semana pasado Patoca foi á casa de Lorena, pasárono moi ben xuntas. E estiveron xogando con outro animaliño, cun cadelo.


martes, 10 de febrero de 2015

TALLER DE COCIÑA: MACEDONIA

Hoxe pola mañá fixemos un taller de cociña, para esto contamos coa axuda da mamá de Uxía e da mamá de Elia, as cales queremos darlles as gracias.
As cociñeiras e cociñeiros da clase despóis de poñerse o seu gorro e coller o seu mantel, xa estaban preparados para comezar a picar a froita, así pouco a pouco, picaron as mazás, peras, plátanos e fresas e mezclárono todo nun bol. Despóis fixeron o zume de laranxa e añadíronllo á froita, remeceron todo e xa estaba lista para probala.
ESTABA MOOOI BOA!!!!
Aquí vos deixo un vídeo de todo o que fixemos.

viernes, 6 de febrero de 2015

CHEGOU O ENTROIDO

Xa temos o Meco no cole, e xa marcou as consignas para a semana que ben, aquí volas deixo:
- LUNS: Sombreiro, preferiblemente de palla.
- MARTES: Camisa ampla de cadros.
- MÉRCORES: Pantalón con remendos cosidos.
- XOVES: Botas, preferiblemente de goma.
- VENRES: Todo o anterior (Despois do recreo: Música de Entroido)

EXPOSICIÓN DE CETRERÍA

Hoxe pola mañá fomos ao Pavillón Municipal de Quiroga a ver unha exposición de cetrerría. Explicáronnos un pouco en que consistía, vimos as aves reais dende cerca, e ata puidemos tocalas. E xa para rematar saimos a fora e fixeron unha representación con elas.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos:

E tamén vos deixo o enlace á paxina do cole onde hai máis fotos:

http://www.edu.xunta.es/centros/ceipquiroga/node/641

NAIARA, XIANA E PATOCA

Os dous últimos fins de semana Patoca foi a casa de Naiara e a de Xiana.
Con Naiara montou a cabalo, foi coas cabras e deulle de comer, ademáis de xogar un montón.



E con Xiana, Patoca acompañouna ao oculista e tamén foron a neve!!! e fixeron un precioso boneco de neve.