clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

miércoles, 29 de octubre de 2014

UXÍA E PATOCA

O fin de semana pasado Patoca foise con Uxía para a súa casa: Pasárono moi ben xuntas, fixeron un montón de cousas, que podedes ver na foto.


domingo, 26 de octubre de 2014

XOGO: CORRE CORRE CABACIÑA

Se pinchades na imaxe podedes entrar nun xogo feito por unha compañeira sobre o libro de "Corre, corre, cabaciña". Espero que vos guste.
 corre corre cabaciña

CANCIÓN SAMAÍN 2014: CORRE CORRE CABACIÑA

Este curso escolleuse esta canción para celebrar o Samaín no cole. Aquí  a deixo:

CONVERTÍMONOS EN ASTRONAUTAS

Esta semana recibimos unha invitación dende a biblioteca na que nos decían que nos esperaba unha sorpresa alí. Cando chegamos estábanos esperando un traxe de astronauta e un cohete espacial...para poder comezar a nosa viaxe polo Universo.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos:

 ASTRONAUTAS POR UN DÍA

miércoles, 22 de octubre de 2014

VIAXAMOS AO UNIVERSO

Hoxe a nosa biblioteca do cole converteuse nun planetario gracias a Amador Pérez e á colaboración das nenas e nenos de 5º e 6º de primaria, que lle axudaron a explicar o seu traballo aos máis pequerrechos. Explicáronlles que era un planetario e tamén o nacemento das estrelas, recreándoo con diferentes luces. En definitiva, un espectáculo impresionante. As nenas e nenos quedaron abraiados.

Se pinchades na imaxe podedes ver algunhas fotos:
 PLANETARIO

MEDÍMONOS E PESÁMONOS

Patoca trouxo á aula unha báscula e unha cinta para medirnos. De un en un fomos mirando canto pesábamos e canto medíamos e apuntámolo nunha ficha. Este foi o resultado:




ELIA E PATOCA

O fin de semana pasado Elia levou a Patoca para a súa casa. Esto foi o que fixeron.


MÁIS FOTOS NO NOSO RECUNCHO D@S MÉDIC@S






lunes, 13 de octubre de 2014

QUE QUEREMOS SABER DO CORPO?

Hoxe falamos de que cousas queríamos aprender do corpo, cada un foime decindo que era o que quería saber, esto foi o que dixeron: ( palabras textuais).

PATOCA FOI AO MÉDICO

Hoxe a Patoca tocoulle unha revisión coa médica Naiara e os enfermeiros Zhong Bo e José Ramón, que lles tocou estar neste recuncho.



Así foi como quedou despóis da revisión....


PATOCA E XANA

Este fin de semana a nosa mascota Patoca foi pasalo á casa de Xana.

Xana contounos que saltaron na cama elástica, que xogaron coa tablet, que comeron xuntas, durmiron xuntas,... En definitiva, que o pasaron moi ben xuntas.

domingo, 12 de octubre de 2014

PROXECTO: "O NOSO CORPO"

 Este trimestre imos aprender cousas sobre o noso corpo: en que nos diferenciamos uns de outros, como é por dentro, por fora,...
Por este motivo, a nosa mascota da aula, a semana pasada apareceu na aula con debuxos e fotos do corpo humano. Colocámolos no corcho no rincón d@s médic@s, que tamén creamos esta semana. Así ao largo deste trimestre imos ensinarlle a Patoca como é o noso corpo.



Para comezar o proxecto, fíxenlle unha pregunta as nenas e nenos: QUE SABEDES DO CORPO?, cada un deles foi decindo o que sabía, e o resultado plamámolo neste mural, no que aparecen as cousas que según eles temos por fora e por dentro do corpo:


Despóis fixemos a nota para levar a casa, para que as nosas familias soubesen que íamos a traballar e así poder axudarnos aportando material sobre o corpo e a saúde. A continuación poño as fotos das notas e de todo o que trouxeron.







                                      
 

Xa vedes que q temos de todo: contos, libros, material médico, caixas de medicamentos, material para facer as curas, radiografías,...Moitas gracias pola vosa colaboración.

Con todo esto montamos o novo recuncho da aula: o d@s médic@s, para que xoguen e experimenten con todas esas cousiñas que trouxestes. Déixovos unhas fotos do primeiro día neste recuncho, mirade que ben o pasaron: