Por este motivo, a nosa mascota da aula, a semana pasada apareceu na aula con debuxos e fotos do corpo humano. Colocámolos no corcho no rincón d@s médic@s, que tamén creamos esta semana. Así ao largo deste trimestre imos ensinarlle a Patoca como é o noso corpo.
Para comezar o proxecto, fíxenlle unha pregunta as nenas e nenos: QUE SABEDES DO CORPO?, cada un deles foi decindo o que sabía, e o resultado plamámolo neste mural, no que aparecen as cousas que según eles temos por fora e por dentro do corpo:
Despóis fixemos a nota para levar a casa, para que as nosas familias soubesen que íamos a traballar e así poder axudarnos aportando material sobre o corpo e a saúde. A continuación poño as fotos das notas e de todo o que trouxeron.
Xa vedes que q temos de todo: contos, libros, material médico, caixas de medicamentos, material para facer as curas, radiografías,...Moitas gracias pola vosa colaboración.
Con todo esto montamos o novo recuncho da aula: o d@s médic@s, para que xoguen e experimenten con todas esas cousiñas que trouxestes. Déixovos unhas fotos do primeiro día neste recuncho, mirade que ben o pasaron:
No hay comentarios:
Publicar un comentario