clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

sábado, 28 de marzo de 2015

VISITA O MUSEO DO FERROCARRIL E VIAXE EN TREN

O mércores 25 fomos de excursión a Monforte, ó museo do ferrocarril, alí vimos diferentes tipos de trenes, e montamos nun tren grande e nun moi pequeniño, gustounos moito. Cando rematamos alí, dirixímonos á estación de tren de Monforte, alí collemos o tren que nos levou ata San Clodio. Foi unha experiencia moi bonita, todos o pasamos moi ben e as nenas e nenos disfrutaron un montón.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos.


miércoles, 25 de marzo de 2015

ANXO MOURE, CONTACONTOS

Hoxe recibimos a visita de Anxo Moure, veunos a contar un conto, e gustounos moitísimo. Pasámolo moi moi ben.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos.

martes, 24 de marzo de 2015

TALLER DE PINTURA

Onte veu a nosa aula Sara,  a mamá de Alén, para facer un taller de pintura. Como estivemos traballando as focas e o Polo Norte decidimos facer un cadro de Patoca. E este foi o resultado. QUEDARON PRECIOSOS!!!!!
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos. 


Queremos agradecerlle a Sara que quixese facer esta actividade con nós. Moitísimas gracias!!

viernes, 20 de marzo de 2015

FESTEXANDO OS NOSOS CUMPLES

O martes celebramos os cumples deste segundo trimestre. Diana, Samuel, Alén, Iván, Xiana e Adam xa cumplen 5 aniños, que maiores!!!!
Este trimestre como estamos traballando o proxecto das focas e oPolo Norte, fixemos unha tarta sobre este tema, e este foi o resultado. Estaba boísima!!!! Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos do cumple:

No video podedes ver o ben que o pasamos:

CHEGOU A PRIMAVERA



IVÁN E PATOCA

O fin de semana pasado a Patoca tocoulle visitar a casa de Iván. Na foto podedes ver todo o que fixeron.

domingo, 15 de marzo de 2015

CÉSAR E PATOCA

O fin de semana pasado Patoca viaxou ata Vilagarcía con César e a súa familia. Gustoulle moito todo o que viu.

domingo, 8 de marzo de 2015

2º SEMANA DA FROITA

Esta semana tocounos merendar tódolos días froita, estaba boísima!!!!

"GUANTE BLANCO" de Joan Miró

Esta semana traballamos outra obra de Miró titulada "Guante Blanco", e este foi o resultado:



MURAL DO POLO NORTE

Así de bonito foi como nos quedou o noso mural do Polo Norte.



SEGUIMOS APRENDENDO COUSAS DAS FOCAS E O POLO NORTE







SARA E PATOCA

Patoca pasou o fin de semana con Sara e a súa familia. Así de ben o pasaron.


domingo, 1 de marzo de 2015

PROXECTO: AS FOCAS E O POLO NORTE

Este trimestre decidimos aprender cousas sobre a nosa mascota Patoca. Por iso, queríamos saber como son as focas e onde viven.
Así é como comezamos este novo proxecto. Primeiro falamos de que cousas sabían das focas e despóis de que cousas querían saber. Este foi o resultado:


A partir de ahí, elaboramos a nota para levar á casa, para aportar algunha cousiña sobre este tema, e estas son algunhas cousiñas que trouxeron: 
Alén un conto de Teo e un iglú feito por el, con Patoca e a súa mascota a ovella Cuqui, quedoulle precioso. 
Hugo trouxonos dúas imaxes do Polo Norte, para saber en que zona do planeta está e que é o que hai nel.
Uxía trouxo dous osiños polares, para que Patoca puidera xogar con eles.
Xana tamén nos trouxo un conto sobre un pingüino friolero, gustounos moito.
E Patoca tamén trouxo algo para a clase, fixo uns puzzles con fotos dos seus amigos do Polo Norte, para que os coñezamos mellor.

De entre os animais amigos de Patoca, cada grupo escolleu un para identificalos. Así temos na clase o grupo das focas, dos renos, das morsas, dos osos polares, dos pingüinos e do narval.


E despóis de todo esto comezamos a aprender algunhas cousiñas, e fixemos estas fichas: