clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

domingo, 1 de marzo de 2015

PROXECTO: AS FOCAS E O POLO NORTE

Este trimestre decidimos aprender cousas sobre a nosa mascota Patoca. Por iso, queríamos saber como son as focas e onde viven.
Así é como comezamos este novo proxecto. Primeiro falamos de que cousas sabían das focas e despóis de que cousas querían saber. Este foi o resultado:


A partir de ahí, elaboramos a nota para levar á casa, para aportar algunha cousiña sobre este tema, e estas son algunhas cousiñas que trouxeron: 
Alén un conto de Teo e un iglú feito por el, con Patoca e a súa mascota a ovella Cuqui, quedoulle precioso. 
Hugo trouxonos dúas imaxes do Polo Norte, para saber en que zona do planeta está e que é o que hai nel.
Uxía trouxo dous osiños polares, para que Patoca puidera xogar con eles.
Xana tamén nos trouxo un conto sobre un pingüino friolero, gustounos moito.
E Patoca tamén trouxo algo para a clase, fixo uns puzzles con fotos dos seus amigos do Polo Norte, para que os coñezamos mellor.

De entre os animais amigos de Patoca, cada grupo escolleu un para identificalos. Así temos na clase o grupo das focas, dos renos, das morsas, dos osos polares, dos pingüinos e do narval.


E despóis de todo esto comezamos a aprender algunhas cousiñas, e fixemos estas fichas:



No hay comentarios:

Publicar un comentario