clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

viernes, 18 de marzo de 2016

Excursión á granxa garabullos

Onte fomos de excursión a unha granxa escola, alí fixemos xogos, vimos aos animais e démoslles de comer, fixemos pan, e visistamos o bosque máxico. Pasámolo moi moi ben.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos:

sábado, 12 de marzo de 2016

PORTADA DO NOSO LIBRO DO PROXECTO DA PREHISTORIA


A NOSA COVA

Esto foi todo o que fomos aprendendo desta época e así quedou o noso pequeno rincón da prehistoria.






Faltan algúns trogloditas, en canto poda subo as fotos.

PINTAMOS CON COLORANTES ALIMENTICIOS.

Como na prehistoria non tiñas pinturas, e empregaban outros materias para facer os seus debuxos, nos tamén decidimos pintar empregando colorante alimenticio.
O primeiro que fixemos foi coller auga en 4 cacharriños e ir poñendo en cada un colorante, despóis remover e.....xa tíñamos a cor amarela, vermella, laranxa e verde.

Despóis cada nena e neno collía a súa ficha e tiña que arrugala todo o posible, facendo unha pelota con ela, a continuación estirámola despaciño e despóis pintamos cos colorantes.
Unha vez rematado deixamos secar, para posteriormente decorar pintando os animais e facendo outros debuxos como os que debuxaban os trogloditas nas súas covas. E así nis quedou.

Aquí vos deixo un vídeo de como o fixemos.




TALLER DA PREHISTORIA

Fai unhas semanas, a mamá de Alén veu á clase a facer un taller de plástica relacionado coa prehistoria. Vou ir poñendo as fotos segundo o que fomos facendo.

1º.Pintamos as bandexas con témpera e decorámolas con brillantina:


2º. A continuación collemos cada un aos nosos trogloditas e decorámolos con plástilina, quedaron moi ben.




3º. Outra parte do taller foi facer unha parte de atrás para o marco, para que non se nos caiga. Para esto decoramos un anaco de cartón con debuxos da prehistoria.


E con isto estaría rematado o noso taller. Pero despóis de deixar secar as bandexas vimos que a pintura se caía, co que tivemos que facer un cambio e non utilizar as bandexas como marco.
Así, decidimos facer un marco de goma eva con forma de óso, e decoralo con algúns adornos. E o resultado final foi este. Esperamos que vos guste. E non quero rematar sen darlle as gracias á mamá de Alén por este traballo, GRACIASSS!!!




domingo, 6 de marzo de 2016

MORDI E A LETRA "Z"

A semana pasada tocounos aprender nova letra, a "z". Coma sempre o noso monstro das letras preparounos outro xogo para buscar ó seu novo amigo e á letra que nos traía. Esta vez tocoulle a Uxía facelo, e o resto axudámoslle un pouquiño.

Despóis de ler o pergamino que nos deixou, comezamos a resolver as pistas para conseguir as pezas dun puzzle que nos levaría ata o novo amigo de Mordi.


Despóis de conseguir tódalas pistas tocou montar  o puzzle, era un puzzle dunha parte da nosa clase, no que había unha zona marcada, fomos mirar alí, e.....

POQUÉ,CÉSAR, TANIA, NAIARA E DIANA

Como xa sabedes Poqué cada fin de semana vaise de excursión con unha nena ou neno da clase, e estas semanas pasadas tocoulle ir con César, Tania, Naiara e Diana. Mirade todo o que fixeron, e que ben o pasaron.