clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

viernes, 29 de enero de 2016

MÁIS COUSIÑAS DA PREHISTORIA

Morita, a nosa mamut, segue traendo imaxes das cousas que queríamos aprender sobre a Prehistoria, esta vez explicounos onde e cómo vivían. Díxonos que vivían en covas e máis tarde en chozas, feitas con osos de animais, paus e pel. Tamén nos explicou que había xefes, clanes e tribus e que eran nómadas, que ían de un lugar a outro en busca de alimentos.
Ademáis do que nos vai traendo Morita, tamén esta semana Xoel e Sara trouxeron ferramentas e armas que empregaban naquela época para defenderse ou cazar. Fixéronas igual que na prehistoria, empregando paus e pedras, e así se ben lles quedaron.

LEO E POQUÉ

Este fin de semana Poqué pasouno con Leo, divertíronse moito.

A PEL DUNHA SERPE

Alén esta semana trouxo o cole a pel dunha serpe, era moooi grande, puidemos ver canto medía e tocala. Gustounos moito, aínda que algúns non nos atrevemos a tocala...

jueves, 28 de enero de 2016

MORDI E A LETRA "H"

Coma todas as semanas, Mordi fíxonos outro xogo para adiviñar onde estaba a letra que nos trouxo esta semana.
Puxo no encerado unha serie de imaxes e tiñamos que escribir a inicial de cada unha para averiguar o lugar onde se atopaba escondido o seu amigo e a nova letra. Mirade as fotos:

domingo, 24 de enero de 2016

UNHA VISITA MOI ESPECIAL

Este xoves Xana trouxo a clase un poliños case recén nacidos. Collemolos, vimos como eran,de que cor, cantas patas teñen, como se moven,...Gustounos moito, moitas gracias.

A PREHISTORIA

Despóis da chegada de Morita á clase, falamos das cousas que sabíamos da prehistoria e das que nos gustaría saber. E así Morita foinos traendo cousiñas para ir aprendendo. 
Ademáis desto tamén fostes traendo materiais das casas, contos, puzzles, conchas, fósiles, hachas, machetas, e incluso os aparellos para facer o lume,pasámolo moi ben intentando facelo....

MORDI E A LETRA "F"

Esta semana Mordi trouxonos outra letra, a "F", acompañada da súa amiga a foca. Pero para atopala tivemos que facer un xogo. Mordi deixounos un plano da clase con distintos sitios marcados, fomos mirando un por un ata atopar a letra. Gustounos moito este xogo.

XIANA E POQUÉ

O fin de semana pasado Poqué pasouno con Xiana, e estas foron todas as cousas que fixeron.

viernes, 15 de enero de 2016

COMEZAMOS UN NOVO PROXECTO: "A PREHISTORIA"

Esta semana chegou un novo visitante a nosa clase, unha pequena Mamut que se chama Morita.
Morita, traia unha nota na que nos dí que viviu fai moitos millóns de anos, nunha época moi diferente á nosa, e que agora está perdida e necesita que lle axudemos a volver. Pero antes deso, quere ensinarnos como era esa época na que vivía, por vainos axudar a aprender cousas sobre a  prehistoria.

MORDI E A LETRA "N"

O pasado luns Mordi presentounos a outro dos seus amigos da Illa das letras, esta vez tocoulle o turno á Nutria, e con ela ensinounos a letra N.
Xana era a encargada ese día, polo que lle tocou buscar as pistas para dar coa letra (coa axuda dos demáis).

Ao longo desta semana traballamos esta letra. A ver cal nos toca para a semana que ben.

PAULA E POQUÉ