Morita, a nosa mamut, segue traendo imaxes das cousas que queríamos aprender sobre a Prehistoria, esta vez explicounos onde e cómo vivían. Díxonos que vivían en covas e máis tarde en chozas, feitas con osos de animais, paus e pel. Tamén nos explicou que había xefes, clanes e tribus e que eran nómadas, que ían de un lugar a outro en busca de alimentos.
Ademáis do que nos vai traendo Morita, tamén esta semana Xoel e Sara trouxeron ferramentas e armas que empregaban naquela época para defenderse ou cazar. Fixéronas igual que na prehistoria, empregando paus e pedras, e así se ben lles quedaron.
No hay comentarios:
Publicar un comentario