clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

viernes, 19 de diciembre de 2014

FELICES FESTAS !!!!!!

Se pinchades na imaxe podedes ver unhas fotos do último día de cole. E tamén aproveito para desexarvos unhas FELICES FESTAS  e unha boa entrada no novo ano. Vémonos o día 8, un biquiño.
 Nadal

VISITA AO DENTISTA

Onte as nenas e nenos de infantil fomos de visita a unha clínica dental, onde dúas dentistas nos explicaron como tiñamos que coidar os nosos dentes e cal era o traballo que facían elas. Aprendemos moitas cousas e fomos con regaliño para a casa.
Pero antes de entrar na clínica fixemos unha pequena parada no parque para xogar un pouquiño.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos.
 visita ao dentista

jueves, 18 de diciembre de 2014

VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

Onte, as nenas e nenos de Infantil, foron a casa da Cultura a unha videoconferencia con Papá Noel, alí falaron con el, e pedíronlle as cousiñas que queren este ano polo Nadal.
Premendo na imaxe podedes ver as fotos.
 VIDEOCONFERENCIA CON PAPÁ NOEL

domingo, 14 de diciembre de 2014

"EL ABETO ESTÁ VACÍO"

Este ano escollemos esta panxoliña. Esperamos que vos guste.

O NADAL CHEGOU AO COLE

Adornamos o pasillo con árbores de nadal, bonecos de neve e con Papá Noel. E tamén fixemos este mural.




Ademáis desto, construímos unha árbore de nadal e adornámola entre todo@s, para poder cantar o noso villancico. Nesta presentación podedes ver como o fixemos.


jueves, 11 de diciembre de 2014

ANIVERSARIOS 1º TRIMESTRE

Hoxe celebramos o cumple de PAULA, UXÍA, JOSÉ RAMÓN, SARA, NAIARA, ELIA, LORENA E LEO.

Pola mañá fixemos a tarta entre todos e despóis do comedor celebramos os cumples cunha gran festa, se pinchades na imaxe podedes ver que ben o pasamos.


Temén vos deixo un vídeo coas fotos. Sinto que teña tan mala calidade.

sábado, 6 de diciembre de 2014

MÁIS COUSIÑAS DO PROXECTO DO CORPO

O APALPADOR

Deixovos a canción adicada ao Apalpador, personaxe tradicional galego que na época de Nadal baixa das montañas do Caurel para deixarlle castañas e agasallos feitos por el aos nenos e nenas de Galicia. Este vídeo atopeino o curso pasada por internet e triunfou na nosa aula, non queren parar de velo.

martes, 2 de diciembre de 2014

DIANA, TANIA E PATOCA

Aquí vos deixo as fotos do viaxe de Patoca a casa de Diana e a casa de Tania. Nas dúas o pasou moi ben. E como podedes ler Diana e Tania fixeron moitas cousas con ela.





jueves, 20 de noviembre de 2014

SAMUEL E PATOCA

Samuel levou a Patoca para a súa casa o fin de semana pasado. Tal e como podedes ver na foto pasárono moi ben, sobre todo co ordenador de Pocoyo de Samuel.


domingo, 16 de noviembre de 2014

CELEBRAMOS O MAGOSTO

O xoves 13 de novembro celebramos o magosto no cole, pasámolo moi ben comendo castañas e despóis xogando a varios xogos nos que as protagonistas tamén eran as castañas. Aquí vos deixo un vídeo con fotos do que fixemos.

PAULA E PATOCA

O fin de semana pasado Patoca foise para a casa de Paula. Pasárono moi ben xuntas. Aquí vos deixo o que fixeron.


jueves, 6 de noviembre de 2014

sábado, 1 de noviembre de 2014

CONTANDO CONTOS: CORRE CORRE CABACIÑA

Este curso a canción escollida polo centro para traballar no Samaín foi a de "Corre corre Cabaciña", sacada do conto co mesmo título. Por este motivo na clase traballamos este conto, leémolo, vimos as imaxes, e despóis decidimos facer nós un, para eso cada nen@ elexiu que personaxe quería ser e ao longo de varias semanas fomos elaborando o noso propio conto, este foi o resultado. Esperamos que vos guste.

miércoles, 29 de octubre de 2014

UXÍA E PATOCA

O fin de semana pasado Patoca foise con Uxía para a súa casa: Pasárono moi ben xuntas, fixeron un montón de cousas, que podedes ver na foto.


domingo, 26 de octubre de 2014

XOGO: CORRE CORRE CABACIÑA

Se pinchades na imaxe podedes entrar nun xogo feito por unha compañeira sobre o libro de "Corre, corre, cabaciña". Espero que vos guste.
 corre corre cabaciña

CANCIÓN SAMAÍN 2014: CORRE CORRE CABACIÑA

Este curso escolleuse esta canción para celebrar o Samaín no cole. Aquí  a deixo:

CONVERTÍMONOS EN ASTRONAUTAS

Esta semana recibimos unha invitación dende a biblioteca na que nos decían que nos esperaba unha sorpresa alí. Cando chegamos estábanos esperando un traxe de astronauta e un cohete espacial...para poder comezar a nosa viaxe polo Universo.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos:

 ASTRONAUTAS POR UN DÍA

miércoles, 22 de octubre de 2014

VIAXAMOS AO UNIVERSO

Hoxe a nosa biblioteca do cole converteuse nun planetario gracias a Amador Pérez e á colaboración das nenas e nenos de 5º e 6º de primaria, que lle axudaron a explicar o seu traballo aos máis pequerrechos. Explicáronlles que era un planetario e tamén o nacemento das estrelas, recreándoo con diferentes luces. En definitiva, un espectáculo impresionante. As nenas e nenos quedaron abraiados.

Se pinchades na imaxe podedes ver algunhas fotos:
 PLANETARIO

MEDÍMONOS E PESÁMONOS

Patoca trouxo á aula unha báscula e unha cinta para medirnos. De un en un fomos mirando canto pesábamos e canto medíamos e apuntámolo nunha ficha. Este foi o resultado:




ELIA E PATOCA

O fin de semana pasado Elia levou a Patoca para a súa casa. Esto foi o que fixeron.


MÁIS FOTOS NO NOSO RECUNCHO D@S MÉDIC@S






lunes, 13 de octubre de 2014

QUE QUEREMOS SABER DO CORPO?

Hoxe falamos de que cousas queríamos aprender do corpo, cada un foime decindo que era o que quería saber, esto foi o que dixeron: ( palabras textuais).

PATOCA FOI AO MÉDICO

Hoxe a Patoca tocoulle unha revisión coa médica Naiara e os enfermeiros Zhong Bo e José Ramón, que lles tocou estar neste recuncho.



Así foi como quedou despóis da revisión....


PATOCA E XANA

Este fin de semana a nosa mascota Patoca foi pasalo á casa de Xana.

Xana contounos que saltaron na cama elástica, que xogaron coa tablet, que comeron xuntas, durmiron xuntas,... En definitiva, que o pasaron moi ben xuntas.

domingo, 12 de octubre de 2014

PROXECTO: "O NOSO CORPO"

 Este trimestre imos aprender cousas sobre o noso corpo: en que nos diferenciamos uns de outros, como é por dentro, por fora,...
Por este motivo, a nosa mascota da aula, a semana pasada apareceu na aula con debuxos e fotos do corpo humano. Colocámolos no corcho no rincón d@s médic@s, que tamén creamos esta semana. Así ao largo deste trimestre imos ensinarlle a Patoca como é o noso corpo.



Para comezar o proxecto, fíxenlle unha pregunta as nenas e nenos: QUE SABEDES DO CORPO?, cada un deles foi decindo o que sabía, e o resultado plamámolo neste mural, no que aparecen as cousas que según eles temos por fora e por dentro do corpo:


Despóis fixemos a nota para levar a casa, para que as nosas familias soubesen que íamos a traballar e así poder axudarnos aportando material sobre o corpo e a saúde. A continuación poño as fotos das notas e de todo o que trouxeron.







                                      
 

Xa vedes que q temos de todo: contos, libros, material médico, caixas de medicamentos, material para facer as curas, radiografías,...Moitas gracias pola vosa colaboración.

Con todo esto montamos o novo recuncho da aula: o d@s médic@s, para que xoguen e experimenten con todas esas cousiñas que trouxestes. Déixovos unhas fotos do primeiro día neste recuncho, mirade que ben o pasaron: