clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

martes, 27 de mayo de 2014

HOXE VISITOUNOS UN CONTACONTOS

Hoxe visitounos un contacontos, Iago López, representou o conto titulado "O aprendiz do home do saco". Disfrutamos moito.

Podedes ver as fotos premendo no seguinte enlace:
FOTOS CONTACONTOS

domingo, 25 de mayo de 2014

1ª SEMANA DA FROITA

Ao longo desta semana probamos diferentes froitas na hora da merenda. Ademáis de comelas, aprendemos o seu nome, a súa cor, textura, forma,..., e para que era boa..
Aqui vos deixo un video do que fixemos.

sábado, 17 de mayo de 2014

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS

Este ano as Letras Galegas foron adicadas ao escritor Xosé María Díaz Castro. Por este motivo escollemos unha poesía deste escritor e fixemos un mural onde cada nen@ ía pegando unha palabra da poesía ata rematalo e despóis recitámolo, tamén coloreamos a Xosé Maria. Este foi o resultado:






MANTEIS PARA A MERENDA

Ao longo de varias semanas cada nena e neno estivo elaborando o seu mantel para a merenda, e a semana pasada por fin puidemos utilizalos. Deixovos unhas fotos para que vexades o resultado.





domingo, 11 de mayo de 2014

"COMO SE DIBUJA UN CASTILLO" de GLORIA FUERTES

Ao longo de varias semanas estivemos traballando este poema de Gloria Fuertes "Cómo se dibuja un castillo".

Entre todos fomos compoñendo un anaco do poema, facendo debuxos das partes do castelo que nos menciona Gloria Fuertes e pegándoas no lugar correspondente do poema. Este foi o resultado:

OS CASTELOS DE SUSANA, XIANA E UXÍA.

Susana, Xiana e Uxía tamén nos trouxeron á clase os seus castelos para poñer no recanto dos castelos.
Cada un deles é diferente, Susana trouxo un libro que ao abrilo se converte nun precioso castelo cheo de sorpresas. Xiana, trouxo un castelo de xoguete, co cal xogan todos os nenos e nenas da aula. E, por último, Uxía fixo un castelo moi bonito con goma eva, quedoulle precioso.
Con todos eles podemos  aprender moitas cousas, como por exemplo a identificar as súas partes: as torres de garda, do homenaxe, bandeiras, almenas, foso, rastrillo,....
Moitas grazas.


LIBRO: "CASTILLOS DE PONTEVEDRA"

Alén e o seu irmán Eis foron de visita coa súa familia a varios castelos de Pontevedra, e con todo o que viron e aprenderon fixeron un bonito libro. Aquí vos deixo algunhas fotos dese libro:



CASTELO DE BAIONA
CASTELO DE SOUTOMAIOR

CASTELO DE VILLASOBROSO

CASTELO DE SALVATERRA

Alén disfrutou moito contándonos todo o que viu en cada castelo explicando cada unha das fotografías.
Moitas grazas por este traballo. Gustounos moito.