clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

miércoles, 25 de noviembre de 2015

UNHA NOVA LETRA

Esta semana Mordi volveu a traernos outro amigo da súa illa, que traia con él a letra "T". Pero como sempre, para poder saber de que animal se trataba tivemos que facer o xogo. e ao final descubrimos que era unha tartaruga moi simpática.


AS MASCOTAS DE LORENA, JOSÉ RAMÓN E ISMAEL

Estos últimos días están chegando á clase novas mascotas, 2 paxariños de José Ramón, un can de Lorena e outro de Ismael. Aquí vos deixo todo o que aprendemos deles.



domingo, 22 de noviembre de 2015

MORDI E A LETRA "S"

Esta semana, Mordi, o noso monstruo comeletras, trouxonos outra letra nova, "S". Desta vez tocoulle a Iván mirar que tiña na súa caixa e intentar entre todos averiguar a letra que traía.

AS TARTARUGAS DE CÉSAR E TANIA

Esta semana César e Tania trouxeron á clase as súas mascotas, dúas tartarugas moi pequeniñas. Puidemos collelas e tocalas, ver como se moven, como son,...Encantounos.









AS NOSAS MASCOTAS

A semana pasada, César, Paula e Elia explicáronnos cousas das súas mascotas. Aquí vos deixo as fichas que trouxeron.




lunes, 16 de noviembre de 2015

XOEL E POQUÉ

 Este fin de semana Poqué pasouno na casa de Xoel, fixeron un montón de cousas, dende xogar xuntos ata ir a visitar aos bombeiros.


AS MASCOTAS DE SARA, ZHONG BO, IVÁN E LEO

Ao largo da semana pasada presentáronnos novas mascotas, Sara falounos do seu cadeliño Nemo, Zhong Bo dos seus coelliños, Iván do seu can Mossi e Leo de Pancho.




PEPA, UNHA COELLIÑA MOI SIMPÁTICA

Hoxe Elia trouxo á clase á Pepa, a súa mascota. Puidemos collela, ver como comía e xogar un pouquiño con ela. Gustounos moito. Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos.


domingo, 15 de noviembre de 2015

PAULA E POQUÉ

A semana pasada Poqué pasou uns días na casa de Paula, pasárono moi ben e fixeron un montón de cousas. Mirade:

VISITA AO MUSEO ETNOGRÁFICO DE QUIROGA

O pasado venres fomos de visita ao museo etnográfico de Quiroga. Alí puidemos ver unha bodega, un muíño de aceite, un tear, tamén nos explicaron como se secaban as castañas, apeiros de labranza antigos, unha lareira e ata o primeiro taxi de Quiroga, no que nos puidemos subir.
despóis de visitar o museo merendamos no parque e xogamos un pouquiño. Pinchando na imaxe podedes ver as fotos.

jueves, 12 de noviembre de 2015

MAGOSTO 2015

O martes pasado celebramos o magosto, e aquí vos deixo as fotos dos xogos e da festa da tarde. Pinchando na imaxe podedes velas.

Algunhas fotos máis:


AS MASCOTAS DE PAULA, UXÍA E DIANA

Hoxe temos tres mascotas máis na clase, Paula trouxo a ficha do seu cadeliño Rocky, Diana fixo un debuxo e explicounos cousas de Ana, a súa tartaruga e Uxía presentounos á súa gata Lina.



domingo, 8 de noviembre de 2015

AS TARTARUGAS DE UXÍA.

O xoves Uxía trouxo á clase dúas tartarugas moi grandes, un macho e unha femia, puidemos velas e tocalas, ver as diferencias no caparazón, e no tamaño, a femia é moito máis grande que o macho. Gustoulles moito. Moitas gracias.




MORDI E A LETRA "L"

Esta semana Mordi trouxonos outra letra para repasar, a "l" de León. Fixemos o mesmo xogo que das outras para adiviñala, pero esta xa foi máis rápida. Xa lle teñen o truco collido.


XANA E POQUÉ

Esta semana Poqué foi de visita á casa de Xana, esto foi todo o que fixeron.


MÁIS MASCOTAS

Esta semana ensináronnos as súas mascotas:  Xoel, ensinounos a Electro, un peixe de moitas cores; Alén a un cadelo que se chama Vello e unha cadela que se chama Uva; Hugo mostrounos á súa gata Blanquita e Xiana á súa tartaruga Lola. Falamos de cada un deles, en que se parecen e en que se diferencian, que tipo de animais son, cales son máis grandes e cales máis pequenos,...e un montón de cousas máis.




lunes, 2 de noviembre de 2015

AS NOSAS MASCOTAS

Durante os primeiros meses de clase aprendemos un montón de cousas de Poqué, a nosa mascota da clase. Poqué, é un zorro do deserto, e foinos contando onde vive, e como é o deserto, que animais viven alí, que plantas hai, e sobre todo como vive él.
Agora que xa sabemos máis cousas da nosa mascota, pensamos en ensinarlle nos a él as nosas mascotas, as que temos ou as que nos gustaría ter. E así pouco a pouco iremoslle presentando a Poqué as mascotas que temos.
Os primeiros que xa nos ensinaron as súas mascotas e nos contaron algunhas cousas delas foron, Naiara, Samuel, Xana e Tania.




AS MASCOTAS DE XANA E DE XIANA

Esta semana pasada, Xiana e Xana trouxeron á clase as súas mascotas, unha tartaruga e un peixe. Puidemos observalos, tocalos e ver como eran, e tamén cal era a súa comida. Gustounos moito a todos coñecelos.



SARA E POQUÉ

A semana pasada Poqué pasou uns días na casa de Sara, e esto foi todo o que fixeron xuntos.

MOUCHOS CON OREO

A última merenda monstruosa que fixemos foron estes mouchos. Para facelos utilizamos galletas oreo, nocilla, lacasitos e paus de pan. E este foi o resultado. ESTABAN BOÍSIMOS!!!!!