clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

domingo, 31 de mayo de 2015

PROGRAMA ALIMÉNTA-T BEN

CURSO: 5º de Infantil
TITORA: Rocío Álvarez Oreiro

Durante este curso académico o noso cole participou ao longo de tres semanas  no programa aliménta-t ben, recollido dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación.

Coas actividades levadas a cabo durante este curso, relacionadas con este programa, quixemos promover o consumo da froita, tanto na escola como na casa, así como influír pouco a pouco na adopción de hábitos saúdables de alimentación, e da necesidade de incorporar a froita fresca na alimentación e  que as nenas e nenos probasen todas as froitas.

Na 1º semana das froitas, recordamos o aprendido o curso pasado sobre a importancia de comer froita e os beneficios que esta ten para o noso organismo.
- Elaboramos o menú desta primeira semana:


- Falamos a cerca destas froitas, como se chamaban, cal nos gustaba máis e cal menos, de que cor son, tamaño, forma,... E para rematar elaboramos unha receita de macedonia na aula, coa colaboración de dúas mamás. 


Na 2ª semana das froitas:
-  elaboramos o menú das merendas desta semana.


- Traballamos o conto  "Unha eiruga moi larpeira", despóis de escoitar a historia, falamos do que lle pasaba a eiruga, das froitas que comía que cada día e das súas características.
A partir deste conto elaborei unha actividade lim " a eiruga larpeira encántanlle as froitas", a cal estivemos traballando na pizarra dixital.



Na 3ª semana das froitas:
- Elaboramos o menú desta semana.


- Fixemos un batido de fresas. estaba boísimo!!!!



- As froitas na arte: traballamos un cadro de Vincent van Gogh titulado "bodegón de manzanas".



 No terceiro trimestre, para celebrar os aniversarios das nenas e nenos, decidimos facer unha tarta espacial, empregando froitas para a elaboración do noso Sistema Solar.
SOL: melocotón                                 MERCURIO: amorodo              VENUS: plátano
TERRA: kiwi                                     MARTE: fresa                            XÚPITER: laranxa  
SATURNO: albaricoque e piña         URANO: cereixa                        NEPTUNO: uva tinta

E coa froita que nos sobrou fixemos unha rica macedonia!!!


PASÁMOLO MOI BEN CON TODAS ESTAS ACTIVIDADES!!!
E GUSTOUNOS MOITO PROBAR AS FROITAS DE DIFERENTES MANEIRAS.

CUMPLES 3º TRIMESTRE

O pasado xoves 28 de maio celebramos os cumples das nenas e nenos que cumplen 5 aniños nos meses de maio, xuño, xullo e agosto. Que foron:
Xana, Zhong Bo, Ismael, Tania, César, Sara, Paula, Hugo e Xoel.

Neste trimestre decidimos facer unha tarta relacionado co noso proxecto do Universo, por iso, fixemos o noso sistema solar con diferentes froitas.
SOL: melocotón                                         XÚPITER: laranxa
MERCURIO: amorodo                              SATURNO: albaricoque e piña para os aneis
VENUS: plátano                                        URANO: cereixa
TERRA: kiwi                                             NEPTUNO: uva
MARTE: fresa
As órbitas fixémolas con fondant branco (pasta de azúcar) e tamén a decoramos con estreliñas.
Este foi o resultado. Podedes ver as fotos pinchando na imaxe.

Tamén vos deixo un vídeo con todo o que fixemos. Pasámolo moi ben. 


sábado, 16 de mayo de 2015

FACEMOS UN BATIDO DE FRESAS

O mércores tocounos merendar fresas, e por iso aproveitamos para facer un batido con elas.
Puxemos o noso gorro de cociñeir@s e comezamos o traballo.
- Picamos as fresas
- Xuntámolas todas para batelas.
- Mesturámolas con leite
- E a bater.
E por último a bebelo!!!! Estaba riquísimo!!!

3ª SEMANA DAS FROITAS

Ao longo desta semana merendamos diferentes froitas de temporada, obsevamos a súa forma, textura, cor, tamaño, e por suposto o seu sabor. tamén recordamos de onde viña cada froita e os beneficios que ten para nós comelas.
Gustáronnos moitoo!!!

TALLER UNIVERSO

O xoves o alumnado de infantil participou nun taller do universo, construíron un cohete espacial con material de refugallo. Así de chulo nos quedou:

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS


martes, 12 de mayo de 2015

SEGUIMOS CO UNIVERSO

Neste caso quixemos facer un mural, para adornar o noso pasillo, sobre o sistema solar. Pero, ademáis do sol e dos planetas, tamén aparecen astronautas, extraterrestres e naves espaciais. Así nos quedou.




CONCURSO ESPACIAL


E aquí temos os primeiras naves espaciais preparadas para o despegue....





"EL SOL ROJO" de Joan Miró

Como estamos traballando o tema do universo, a nosa mascota Patoca deixounos na súa caixiña un novo cadro de Miró, titulado "El Sol Rojo".
E como sempre cada un elaborou o seu propio cadro.

sábado, 2 de mayo de 2015

CONTO DE "LOBO FEROZ"

Durante varios meses estivemos a traballar o conto de "Lobo Feroz" de OQO editora, e este foi o resultado do noso traballo. Esperamos que vos guste.

ELIA TROUXO UNS ANIMALIÑOS...

Esta semana Elia trouxo á clase 2 poliños e un coelliño, vimos como eran, de que cor, tamaño, de que tiñan cuberto o corpo,..., puidemos tocalos e tamén darlle de comer ao coello un pouco de mazá. Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos.