clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

domingo, 23 de febrero de 2014

PROXECTO "OS CASTELOS"

    Esta semana apareceu na clase un baúl con fotos que Alfred lle sacou a algúns castelos que visitou nas súas viaxes.


Vimos as fotos e aprendemos como se chamaban os castelos, e tamén puidemos ver o diferentes que eran uns dos outros. Estas fotos colocámolas no recanto que temos para as cousiñas que imos traendo da casa sobre os castelos.






Nesta semana rematamos a construción do noso castelo da aula, e tamén lle fixemos o escudo, este foi o resultado.



domingo, 16 de febrero de 2014

PARA XOGAR UN POUQUIÑO...

ASÍ NOS DEBUXAMOS....

Unha das actividades do encargado/a do día é facer un debuxo de sí mesmo/a. Aquí vos deixo as obras de arte dos encargad@s de cada día.
















QUE SABEMOS E QUE QUEREMOS SABER DOS CASTELOS

Outra actividade relaciona co proxecto dos castelos foi preguntarlle aos nenos e nenas que é o que saben e que é o que queren saber sobre os castelos. Este foi o resultado:


domingo, 9 de febrero de 2014

PROXECTO "OS CASTELOS"

     Este pasado luns tivemos unha visita na aula, un amigo de Papelote (a nosa mascota ), é un "paxe real" e chámase Alfred, ven dende terras moi lonxanas porque se enterou que queríamos aprender cousas sobre os castelos, e el pode axudarnos.
Aqui vos deixo unhas fotos do que fixemos esta semana.


Cambiamos as fotos fotos dos grupos, e fixémolos relacionados con personaxes que viven nos castelos.





E tamén fixemos unha nota para informar as familias e pedirlles a súa colaboración en dito proxecto, este foi o resultado.




domingo, 2 de febrero de 2014

DÍA DA PAZ

Para traballar o día da paz na nosa clase fixemos varias cousiñas, como pombas con pintura de dedos e un mural coas letras de PAZ. Ademáis tamén aprendemos cal era o símbolo da paz e xogamos a facelo cos nosos corpos....así de bonito quedou.


BUSCANDO PAPÁ NOEL

Polo Nadal decidimos aprender esta panxoliña do libro "Cartas que veñen e van" de Mamá Cabra, e facer este pequeno vídeo, así de chulo nos quedou. Esperamos que vos guste.


Cumpreanos 1º trimestre

No mes de decembro Uxía, Sara, José Ramón, Elia, Paula e Lorena cumpliron 3 aniños.

 E para celebrar o seu cumple fixemos unha tarta coa forma do escudo de Quiroga, a cal puidemos probar pola tarde na festa que fixemos, que rica estaba!!!!

Pasámolo moi ben como podedes ver...


Mural do outono