clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

miércoles, 28 de octubre de 2015

MERENDA MONSTRUOSA

Hoxe tocounos merendas cabazas feitas con mandarina e regaliz de mazá. Foi moi fácil facelas e estaban moooi boas.




MERENDA MONSTRUOSA

Hoxe tocounos merendar arañas feitas con pan bimbo, nocilla ou marmelada, pauciños de pan, e lacasitos. E este foi o resultado. Estaban boísimas!!!!






martes, 27 de octubre de 2015

COROAS DE SAMAÍN

Estas semanas fixemos unhas coroas moi chulas, unhas de arañas e outras de morcegos. Mirade que ben nos quedaron.

lunes, 26 de octubre de 2015

CABAZAS DE SAMAÍN

Comezan a chegar ao cole as primeiras cabazas decoradas, son preciosas!!! Moi bo traballo.







MERENDA MONSTRUOSA!!!!

Como estamos na semana do Samaín decidimos facer cada día unha merenda monstruosa, hoxe fixemos pantasmas con plátanos, e bolas de chocolate para os ollos e a boca. Este foi o resultado.
Encantoulles!!!!








MORDI e a letra "M"

Hoxe apareceu Mordi, o noso monstruo comeletras,  na aula coa súa caixiña e outra nota. Tocoulle a Paula mirar o que era.

Preguntábanos que fixemos o fin de semana, e un a un foron contándolle. Despóis explicábanos o que fixo el, foi a illa dos animais e alí coñeceu a outro animaliño que nos vai a presentar outra letra.

Pero tíñamos que adiviñalo, por iso dentro da caixa deixou tres obxectos, escribimos os nomes no encerado e buscamos cal era a consoante que se repetía, cando a adiviñamos miramos no sobre de Mordi se acertaramos.


domingo, 25 de octubre de 2015

MORDI E A LETRA "P"

Esta semana Mordi presentounos outro animaliño da Isla dos Animais, e traía con él a letra "p".
Ao entrar na aula, estaban esperando Poqué, Mordi, unha caixiña e unha nota.

Despóis de colocarnos, leemos a nota, para saber que nos quería Mordi. Na nota explicábamos que tiña gardado un sobre con unha foto doutro animal que vivía na súa Illa, e que traía unha letra nova. Pero tiñan que adiviñalo eles con un xogo.
Dentro da caixa Mordi meteu catro obxectos, un plátano, unha esponxa, unha piña e unha pinza. Tiñan que escribir esas palabras no encerado e despóis adiviñar cal era a consoante que se repetía en todas. Tardamos un cachiño, pero ao final decatáronse de que era a letra "p".
Despóis, miramos no sobre de Mordi, para ver se acertáramos, e....., siiiii, era a letra "p".
Por último colocamos a foto no mural. E despóis fixeron unha ficha sobre esa letra.
Gustoulles moito o xogo e serviunos para repasar a letra "p".
Para a semana que ven traeranos outra letra.

domingo, 18 de octubre de 2015

COMEZAMOS CO SAMAÍN

Como xa está moi cerquiña o Samaín, xa comezamos a facer os nosos adornos para colocar pola clase, hai morcegos, pantasmas, arañas,...que medoooo!!!




Esta semana colocaremos as fotos que faltan.

MORDI, o monstruo Comeletras

Este ano para traballar as letras atopei no blog de Miren (http://laclasedemiren.blogspot.com.es/), un personaxe moi simpático para traballar a lectoescritura, "Mordi, o monstruo Comeletras". Por iso, esta semana a nosa mascota Poqué trouxonos unha sorpresa, deixounos o conto coa historia de Mordi, para coñecelo mellor, e varias cartas explicándonos o que nos iba a traer cada semana e o que tiñamos que facer nós.


 Cada semana Mordi presentaranos unha letra, pero primeiro temos que adiviñala a través dun xogo, unha vez que sepan cal é poderemos colocala no mural que estamos facendo. Pouco a pouco xa o explicarei mellor.

lunes, 12 de octubre de 2015

SOMOS ARTISTAS

Aquí van as obras de arte que nos faltaba por facer, disfrutaron moito con esta actividade.




E así quedou a nosa exposición:


domingo, 4 de octubre de 2015

SOMOS ARTISTAS

Ao longo deste curso imos a traballar diferentes obras de distintos artistas. O primeiro artista co que imos a traballar é Enrico Baj e as súas obras de rostros.
O primeiro que fixemos foi presentarlles ao artista e os seus cadros, observámolos, comentámolos, e sobre todo vimos de que estaban feitos. Despóis fixemos unha exposición con algúns deses cadros na clase.
A continuación decidimos facer unha nota para pedirvos a vosa colaboración, aportando material de refugallo que entre todos fomos decindo, como teas, paus, pedras, tapóns, bandexas, e moitos máis, para despóis elaborar cada un o noso cadro.
Esto foi todo o que trouxestes. Moitas gracias por aportar tanto.


Despóis fomos clasificando todo o material que trouxemos e pensando que íamos a utilizar no noso cadro. E xa por fin, puxémonos mans a obra, e por grupos fomos facendo os cadros. 


Aquí vos deixo as fotos dos que xa fixeron, quedaron CHULÍSIMOS!!!! Para a semana faremos os que faltan.