O primeiro que fixemos foi presentarlles ao artista e os seus cadros, observámolos, comentámolos, e sobre todo vimos de que estaban feitos. Despóis fixemos unha exposición con algúns deses cadros na clase.
A continuación decidimos facer unha nota para pedirvos a vosa colaboración, aportando material de refugallo que entre todos fomos decindo, como teas, paus, pedras, tapóns, bandexas, e moitos máis, para despóis elaborar cada un o noso cadro.
Esto foi todo o que trouxestes. Moitas gracias por aportar tanto.
Despóis fomos clasificando todo o material que trouxemos e pensando que íamos a utilizar no noso cadro. E xa por fin, puxémonos mans a obra, e por grupos fomos facendo os cadros.
Aquí vos deixo as fotos dos que xa fixeron, quedaron CHULÍSIMOS!!!! Para a semana faremos os que faltan.
No hay comentarios:
Publicar un comentario