Ao entrar na aula, estaban esperando Poqué, Mordi, unha caixiña e unha nota.
Despóis de colocarnos, leemos a nota, para saber que nos quería Mordi. Na nota explicábamos que tiña gardado un sobre con unha foto doutro animal que vivía na súa Illa, e que traía unha letra nova. Pero tiñan que adiviñalo eles con un xogo.
Dentro da caixa Mordi meteu catro obxectos, un plátano, unha esponxa, unha piña e unha pinza. Tiñan que escribir esas palabras no encerado e despóis adiviñar cal era a consoante que se repetía en todas. Tardamos un cachiño, pero ao final decatáronse de que era a letra "p".
Despóis, miramos no sobre de Mordi, para ver se acertáramos, e....., siiiii, era a letra "p".
Por último colocamos a foto no mural. E despóis fixeron unha ficha sobre esa letra.
Gustoulles moito o xogo e serviunos para repasar a letra "p".
Para a semana que ven traeranos outra letra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario