clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

domingo, 20 de diciembre de 2015

XA ME TARDAN ESTES MAGOS

Con esta panxoliña queremos desexarvos que pasedes unhas boas festas. (a calidade do vídeo non é moi boa, sintoo).

CHEGOU O NADAL

DEBUXAMOS

Mirade que mural tan bonito fixeron.

TRABALLANDO A KANDINSKY

Ao longo de varias semanas traballamos na aula a un novo artista, esta vez tocoulle a Kandinsky, puidemos ver como eran as súas pinturas ao principio e como foron cambiando ao longo dos anos.

Traballamos as cores, as formas e fixemos varias cousiñas tomando como modelo os seus traballos.
- Con plastilina fixemos un cadro como o de círculos concéntricos de Kandinsky:

- Tamén fixemos unha árbore de nadal con círculos de diferentes tamaños e adornos para colgar na aula:

Poqué con Ivan e con Alén.

Poqué foi de visita á casa de Iván e á de Alén, mirade que ben o pasou con cada un de eles. ata houbo unha celebración....

domingo, 13 de diciembre de 2015

CELEBRAMOS OS CUMPLES!!!!

O xoves pasado celebramos os cumples das nenas e nenos que fan 5 aniños neste primeiro trimestre. Que maiores!!! Como pasa o tempo!!! MOITÍSISMAS FELICIDADES!!
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos. 

E esta é a tarta que fixemos para celebralo. Unha árbore de nadal. Estaba moooi boa.

sábado, 12 de diciembre de 2015

XANA E A SÚA MASCOTA

O xoves recibimos na clase unha nova visita, esta vez foi Estrella, a coelliña de Xana. Foi unha visita un pouco rápida, pero aínda así deunos tempo para poder tocarlle e intentar collela, aínda que non lle gustaba moito saír da súa casiña. Gustounos moito coñecer a Estrella. Gracias Xana.





POQUÉ PASA O FINDE CON SAMUEL


viernes, 4 de diciembre de 2015

OS NOSOS RECANTOS

A VISITA DE PLUTÓN.

Onte pola tarde, veu de visita a nosa clase, un coelliño moi simpático, chámase Plutón e é a mascota de Paula. Puidemos collelo, tocarlle e ver como anda. Gustounos moito telo na clase: