Coma sempre, esta semana Mordi trouxo outro novo xogo para buscar a outro membro da súa illa, unha búsqueda do tesouro.
Esta vez tocoulle a Ismael buscar as pezas dun puzzle da letra que nos quería presentar. tiña que seguir o camiño marcado no mapa do tesouro. Pouco a pouco atopou todas as pezas e formamos o puzzle, era a letra "j". A continuación pensamos animais que comezaran por esa letra e escribímolos no encerado, de entre os que puxemos estaba a nova amiga de Mordi, pero para vela antes tivemos que adiviñar onde se escondía...Coma sempre pasámolo xenial con esta búsqueda do tesouro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario