clase de 5 anos

clase de 5 anos
Curso 2015/16

domingo, 5 de junio de 2016

ALIMÉNTA-T BEN 2015-16

Curso: 6º de Infantil
Titora: Rocío Álvarez Oreiro

Ao longo deste curso o noso colexio participou, de novo, no programa Alimenta-t Ben, recollido dentro do Plan Proxecta da Consellería de Educación, cos seguintes obxectivos:

- Mellorar e afianzar os bos hábitos alimenticios do noso alumnado.
- Informar sobre os beneficios que as froitas frescas aportan á nosa saúde.
- Influir na adopción de hábitos saudables no alumnado e nas súas familias.
-Probar froitas que non consumimos habitualmente.
- Gozar elaborando receitas atractivas con froitas de temporada.

A continuación, poderedes ver todo o que traballamos na nosa aula sobre as froitas:

Na 1º semana da froita, falamos de novo da importancia de comer froitas e verduras para manternos sans e fortes.
- Elaboramos o menú desta primeira semana:
- Fixemos receitas monstruosas. Coa chegada do samaín decidimos elaborar diferentes receitas monstruosas, coa froita que nos tocaba esta semana. E este foi o resultado.

Na 2º semana da froita, apareceu Poqué, a nosa mascota, cun conto "Os Bolechas fan unha merenda con vexetais". Contámolo e traballamos ao longo de todo o 2º trimestre con el, clasificando froitas e verduras segundo o seu tamaño, cor, sabor,..., tamén os bolechas nese conto explicáronnos que segundo a sor de cada vexetal era bo para unha cousa ou outra, pero todos son fundamentais e necesarios para ter moi boa saúde e crecer sans e fortes. Ademáis tamén fixemos un mural sobre o conto.


E para rematar, nos tamén fixemos unha merenda con froitas, neste caso, decidimos facer unha eiruga con froitas. Empregamos plátano para o corpo, fresa para a cabeza e pauciños para as patas, e este foi o resultado. Estaba boíiisima!!!


E na 3ª semana da froita, todo o ciclo de infantil decidimos realizar un obradoiro relacionado co proxecto que estamos a traballar na aula, por iso, fixemos unha illa pirata con froitas.
Este foi o resultado:

Este foi o noso traballo neste curso, para o curso que ben seguiremos traballando na importancia de incorporar na nosa dieta froitas e verduras con distintas actividades.

PASÁMOLO MOI BEN CON TODAS ESTAS ACTIVIDADES!!!
E GUSTOUNOS MOITO PROBAR AS FROITAS DE DIFERENTES MANEIRAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario