O mércores 25 fomos de excursión a Monforte, ó museo do ferrocarril, alí vimos diferentes tipos de trenes, e montamos nun tren grande e nun moi pequeniño, gustounos moito. Cando rematamos alí, dirixímonos á estación de tren de Monforte, alí collemos o tren que nos levou ata San Clodio. Foi unha experiencia moi bonita, todos o pasamos moi ben e as nenas e nenos disfrutaron un montón.
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos.
clase de 5 anos
sábado, 28 de marzo de 2015
miércoles, 25 de marzo de 2015
ANXO MOURE, CONTACONTOS
Hoxe recibimos a visita de Anxo Moure, veunos a contar un conto, e gustounos moitísimo. Pasámolo moi moi ben.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos.
Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos.
martes, 24 de marzo de 2015
TALLER DE PINTURA
Onte veu a nosa aula Sara, a mamá de Alén, para facer un taller de pintura. Como estivemos traballando as focas e o Polo Norte decidimos facer un cadro de Patoca. E este foi o resultado. QUEDARON PRECIOSOS!!!!!
Pinchando na imaxe podedes ver as fotos.
Queremos agradecerlle a Sara que quixese facer esta actividade con nós. Moitísimas gracias!!
lunes, 23 de marzo de 2015
viernes, 20 de marzo de 2015
FESTEXANDO OS NOSOS CUMPLES
O martes celebramos os cumples deste segundo trimestre. Diana, Samuel, Alén, Iván, Xiana e Adam xa cumplen 5 aniños, que maiores!!!!
Este trimestre como estamos traballando o proxecto das focas e oPolo Norte, fixemos unha tarta sobre este tema, e este foi o resultado. Estaba boísima!!!! Se pinchades na imaxe podedes ver as fotos do cumple:
No video podedes ver o ben que o pasamos:
IVÁN E PATOCA
O fin de semana pasado a Patoca tocoulle visitar a casa de Iván. Na foto podedes ver todo o que fixeron.
domingo, 15 de marzo de 2015
CÉSAR E PATOCA
O fin de semana pasado Patoca viaxou ata Vilagarcía con César e a súa familia. Gustoulle moito todo o que viu.
domingo, 8 de marzo de 2015
domingo, 1 de marzo de 2015
PROXECTO: AS FOCAS E O POLO NORTE
Este trimestre decidimos aprender cousas sobre a nosa mascota Patoca. Por iso, queríamos saber como son as focas e onde viven.
Así é como comezamos este novo proxecto. Primeiro falamos de que cousas sabían das focas e despóis de que cousas querían saber. Este foi o resultado:
Así é como comezamos este novo proxecto. Primeiro falamos de que cousas sabían das focas e despóis de que cousas querían saber. Este foi o resultado:
A partir de ahí, elaboramos a nota para levar á casa, para aportar algunha cousiña sobre este tema, e estas son algunhas cousiñas que trouxeron:
Alén un conto de Teo e un iglú feito por el, con Patoca e a súa mascota a ovella Cuqui, quedoulle precioso.
Hugo trouxonos dúas imaxes do Polo Norte, para saber en que zona do planeta está e que é o que hai nel.
Uxía trouxo dous osiños polares, para que Patoca puidera xogar con eles.
Xana tamén nos trouxo un conto sobre un pingüino friolero, gustounos moito.
E Patoca tamén trouxo algo para a clase, fixo uns puzzles con fotos dos seus amigos do Polo Norte, para que os coñezamos mellor.
De entre os animais amigos de Patoca, cada grupo escolleu un para identificalos. Así temos na clase o grupo das focas, dos renos, das morsas, dos osos polares, dos pingüinos e do narval.
E despóis de todo esto comezamos a aprender algunhas cousiñas, e fixemos estas fichas:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)